A agrupación de O Fiadeiro está composta por diferentes corpos de música, canto e baile. Máis de 50 artistas son os encargadas da representación artístico-escénica do folclore tradicional galego, recuperado tal e como nos foi legado polos nosos maiores e posto en valor riba dos escenarios.
Pandereteiras O Fiadeiro
Grupo feminino que interpreta un amplio repertorio de cancións de raiz acompañándose de diversas percusións como pandeiretas, pandeiras, latas...
Pandereteiros O Fiadeiro
Conxunto masculino de cantares tradicionais que interpretan melodías de recollida acompañándose de percutivos varios de orixe popular.
Grupo de música tradicional O Fiadeiro
Agrupación musical composta que interpretan todo tipo de melodías e ritmos bailables, propios da tradición ó longo das diferentes épocas. Conxúgan os sons das gaitas de foles cos do clarinete, saxofón, acordeón e percusións variadas como o redoblante, a caixa, o bombo cos seus pratos, pandeireta, ferriño, cunchas...
Grupo de danzas tradicionais O Fiadeiro
Máis de catorce parellas de baile divididas en dous grupos. Interpretan danzas recuperadas das catro provincias galegas cos seus vestiarios propios e todo tipo de complementos. Sempre unidos ós diferentes grupos de acompañamento.
| D | L | M | M | X | V | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
1
| 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | ||
| «« | « | » | »» |




Localización sede social:
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
Móbil: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com
