XOVES 02/02/12

CURSO DE FOTOGRAFÍA

MONITOR: Oscar Martínez Rodríguez
Mais info sobre o traballo de Oscar: http://www.omphoto.es/

Primeira parte:
- Fotografía básica: Historia, luz, enfoque, cámaras, obxetivos, manexo cámara, ...

Segunda parte:
 
- Photoshop básico

Material para o curso:
 
- Cámara reflex ou compacta 
- Ordenador portátil con photoshop (opcional)

Remataremos o curso cun exame práctico.
 

Número de prazas: 10

Duración: Febreiro e Marzo
Días do curso: Xoves e venres de 21.00 a 23.00

Prezo para socios: 30,00 euros/mes
Prezo para non socios: 35,00 euros/mes

Mais info: 629 585 355 / 986 253 585 ou en www.ofiadeiro.com


VENRES 30/12/11

FOLIADA DESPEDIDA DO ANO

O próximo 30 de decembro queremos invitar a todo aquel que lle apeteza a que se acerque ata a nosa sede social a brindar con nos para despedir o ano.
Cantaremos e bailaremos a pe de rúa en frente o noso local se é que o tempo nolo permite.
A partir das 21.00
Felices festas!


VENRES 23/12/11

FESTIVAL de NADAL – Escola de O FIADEIRO

 

Mostra musical e de danza d@s alumn@s da nosa escola

 … Canto tradicional, gaita, baile moderno, guitarra …

Venres 23 decembro de 2011 ás 18:30h no C. S. de  O Calvario

 

Convidámosvos a disfrutar dun serán cheíño de música …. FELICES FESTAS para TOD@S!!!

PROGRAMA FESTIVAL de NADAL - Escola de O Fiadeiro

23 decembro de 2011 

  

     GUITARRA  

 “Buscando unha estrela”

“No pendello”

“Os Reis”

“Navidad”

“En Navidad”

“Nadal de Luintra”

      INICIACIÓN ao FOLCLORE 

“Reis da Garrida”

    BAILE MODERNO (nen@s) 

 “Lady”

     GAITA  

 “Danzas de Reis” (Jota e Muiñeira)

     CANTRO TRADICIONAL (nen@s) 

“Canto de Reis de Vilacova”

“Ronda e Xota de Rodeiro”  

BAILE MODERNO (maiores)

“Que siga el ritmo”

   GAITA - Diego  

Grupo 1: “O San Campio”

                 Grupo 2: “Rumba”

      CANTO TRADICIONAL (Adult@s) 

 Grupo 2º: “Maneo de Cambre”

Grupo 3º: “Pateada e Punteada de carballo” 

 BAILE MODERNO

     “Burlesque” 

     GAITA  

 “Jota Cruzada de Sequeiros”

“Buxos Verdes – Muiñeira dos Peruchos”

“Rumba de Malpica”

 


FELICES FESTAS A TOD@S!

DO MÉRCORES 23 ATA MARTES 29 DE NOVEMBRO 2011

COLABORACIÓN DUNHA PARELLA DE BAILE DE O FIADEIRO NA XIRA POR MÉXICO DO GAITEIRO XOSÉ MANUEL BUDIÑO


SÁBADO 15/10/11

X XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 


SÁBADO 01/10/11 - 26/11/11

CURSO DE FOTOGRAFÍA

MONITOR: Oscar Martínez Rodríguez
Mais info sobre o traballo de Oscar: http://www.omphoto.es/

Primeira parte:
- Fotografía básica: Historia, luz, enfoque, cámaras, obxetivos, manexo cámara, ...

Segunda parte:
- Photoshop básico

Material para o curso:
- Cámara reflex ou compacta
- Ordenador portátil con photoshop (opcional)

Remataremos o curso cun exame práctico en O Porto (promete ser moi divertido)

Número de prazas: 25


Duración: Outubro e Novembro

Sábados de 10.00 a 14.00 (con descanso para café)

Prezo para socios: 30,00 euros/mes
Prezo para non socios: 35,00 euros/mes

Mais info: 629 585 355 / 986 253 585


VENRES 30/09/11

COLABORACIÓN CON BUDIÑO DUNHA PARELLA DE BAILE

LUGAR: Auditorio Municipal

Hora: 21.30

Mais info: www.culturatui.info

 


VENRES 16/09/11

ACTUACIÓN DE PANDERETEIRAS E PANDERETEIROS O FIADEIRO

Lugar: Auditorio de Cangas do Morrazo

Hora: 20.30

Entrada libre

Co motivo da inauguración da exposición de "Oficios e labores"

Organiza: Agrupación Tromentelo



DOMINGO 28/08/11

ACTUACIÓN DA CHARANGA O FIADEIRO EN MEIRA (LUGO)

Hora: 16.30

Lugar: Meira (Lugo)

 

O vindeiro domingo 28 de agosto terá lugar nesta vila a XX Festa da Malla declarada de Interese Turístico de Galicia.


VENRES 15/06/11

EXPOSICIÓN DAS ALUMNAS DAS CLASES DE PINTURA DE O FIADEIRO

Título da exposición: MIRANDO HACIA OS GRANDES

Podedes visitala na nosa sede social no Calvario na r/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Horario mañás:

De luns a venres de 9.30 a 14.00

Horario tardes:

Luns: 21.00 - 22.30

Mércores: 19.30 - 20.30

Xoves: 20.00 - 21.30

Venres: 20.00 -23.00


XULLO 2011 CURSOS VERÁN

LUNS DE 10.00 A 13.00 - MANUALIDADES (5-12 ANOS)

MARTES DE 10.00 A 13.00 - DEBUXO/PINTURA (5-12 ANOS)

XOVES DE 10.00 A 13.00 - INICIACIÓN Ó FOLCLORE (3-5 ANOS)

VENRES DE 10.00 A 13.00 - CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS (5-12 ANOS)

ACTIVIDADES DE 1 HORA SEMANAL POLAS TARDES:

PANDEIRETA: LUNS OU VENRES

GAITA: MARTES, MÉRCORES OU XOVES

ACORDEÓN: XOVES

 

Máis info: 629 585 355


SÁBADO 25/06/11

XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro

Lugar: Asociación de veciños Santa Mariña de Cabral (Vigo)

18.00 Acto fin de curso Escola O Fiadeiro 10/11
Intervención de tódolos grupos da escola: acordeón, baile moderno, baile tradicional, gaita, guitarra, música e movemento, pandeireta, polifonías, requinta, saxo, tamboril, bombo e zanfona.

22.00 Serán. Abrirán o acto os pandereteir@s e a charanga da agrupación O Fiadeiro.

Todos os interesados en participar tocando ou cantando no noso serán podedes inscribirvos por teléfono, correo electrónico ou o mesmo día no propio serán unha vez cheguedes.


Martes 21/06/11

Exposición de Pintura de Iria Vázquez

As migas do mantel


Exposición de Pintura composta por obras de distintas mostras, obras que van facendo o fondo de estudio, o mapa cartográfico da nosa evolución.
Encantaranos que pasedes a saborear esta pequena mostra reminiscente.
Están a venta a moi bó precio, con posibilidade de negociación.
Interesados chamar ó 600 843 285

Ata o 30 de xuño de 2011 teremos exposto no local social unha pequena mostra do traballo de Iria Vázquez.
Interesados en visitar a exposición so tendes que pasar polo local en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 de luns a venres (martes pola mañá pechado).


Martes 21/06/11

Actuación do grupo Fusos e Rocas, escola de baile da ACF O Fiadeiro, no festival de fin de curso do Colexio O Pombal (Vigo)

Hora: 16.30

VENRES 17/06/11

Actuación do grupo de baile e música tradicional O Fiadeiro no Programa Luar da TVG.


SÁBADO 04/06/11

VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores

Espectáculo de baile e música tradicional  

Hora comezo: 20.00

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro - Vigo

Podedes mercar as entradas chamando os seguintes teléfonos: 986 110 500 ou 902 504 500.

Tamén na web www.servinova.com


Prezo butaca e primeiro anfiteatro: 12.00 euros

Prezo segundo anfiteatro: 9.00 euros

Prezo terceiro anfiteatro: 6.00 euros

Calquera dúbida xa sabedes onde estamos


SÁBADO 21/05/11

MONOGRÁFICO DE MUSICOTERAPIA

Aberto prazo de inscrición

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Duración dun único día, SETE horas

Día: 21/05/11 (Sábado)

Hora: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30

Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)

Prezo socio: 30,00 euros

Prezo non socio: 33,00 euros

Prazas limitadas

Interesados en saber o programa solicítenno vía correo electrónico

Monitora: Xela Conde   

Diplomada en maxisterio, formada en Musicoterapia e experta en Formación de Formadores, compaxina a súa vida entre a docencia, a música e a práctica musicoterapéutica.
Comeza a súa andaina no mundo da cultura galega de moi nova no eido da danza tradicional, pasando por varias agrupacións ata quedarse na ACF O Fiadeiro, onde tamén formou parte do grupo de pandereteiras e co que participou en festivais, galas, viaxes e a gravación do disco “O Fiadeiro”. Segue a participar nesta asociación, agora como profesora de canto popular e monitora do “Taller de participación musical: polifonía” da escola.
Estudiou música e frauta barroca da man de Pilar Fraga, Ramón Viceiro e Ernesto Schmied. Como flautista experimentou coa música folk co grupo Ávalon do que foi membro fundador. Con elas grava dous discos (“Lúa Meiga” e “Beltaine”) permitíndolle desempeñar a súa faceta de compositora e arreglista, a parte de aprender o que é a vida deambulante dun músico e as parafernalias do negocio musical.
Coa súa familia e amigos forma o grupo Louleada cuxo fin último baseábase no traballo de campo de recuperación etnográfica e a sua posterior divulgación en concertos, exposicións e discos (“Trubisqueira”) Experiencia e aprendizaxe coa que se sinte eternamente agradecida.
Un día entrou dentro do edificio da Escola de Artes e Oficios de Vigo como gaiteira e e percusionista de Xarabal e o Grupo Didáctico e xa non quiso sair nunca. Mais tarde estudaría canto tradicional (con Javier Feijoo, “Chisco”) e violín folk (Alfonso Franco) no Conservatorio de Música tradicional de Vigo (EMAO) que lle levaría a formar parte da Orquestra Folk Sondeseu, da que segue sendo integrante e coa que gravou “Mar de Vigo”, “Trastempo” e “Barlovento”.
Atopou a media laranxa vocacional coa Musicoterapia, formándose con profesionais como Serafina Poch, Victor del Río, Ricardo Canal, Elisabeth Sanchez, Colwyn Trevarthen, Tony Wigram … en Madrid e Sevilla. Traballando co seu equipo en dous centros da Fundación Menela elaborou unha metodoloxía propia que veu os seus froitos na formación da Orquestra Castro Navas (formada por autistas e psicóticos) coa que participou en varios concertos. Imparte cursos sobre esta disciplina para profesionais do ámbito da docencia e a saúde.
Como docente traballou en centros de formación regrada e non regrada dentro e fóra de Galicia (Barcelona, Suíza) Actualmente é profesora de canto tradicional e etnografía na Tradescola (Lugo) xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e na ACF O Fiadeiro (Vigo) Forma parte do equipo de mestres da e-Trad impartindo as asignaturas de Ritmos e Xéneros do Canto Tradicional, Polifonía, Tradición e ciclo anual e Danza I.

Non dubidedes en vir.
Rógase máxima difusión

Gracias e un saúdo


MARTES 17/05/11

Actuación do grupo de música O Fiadeiro, na Residencia da terceira edade de Bembrive (Vigo)

Hora: 17.00


DOMINGO 15/05/11

Actuación do grupo Os Mosquitos, escola de gaitas e percusión da ACF O Fiadeiro.

Lugar: Centro Cultural As Pontellas (Porriño)

Hora: 19.00


SÁBADO 08/05/11

PARA SOCI@S:

VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores

Espectáculo de baile e música tradicional  

Hora comezo: 19.00

Lugar: Auditorio Martín Codax del conservatorio superior de música de Vigo

Calle Manuel Olivié Nº23

O próximo 8 de maio (domingo) ás 19.00 faremos neste estupendo auditorio Martín Codax un pase exclusivo para soci@s do noso espectáculo de baile e música tradicional.
O día 4 de xuño será no teatro Novacaixagalicia aberto a todo o público.

Mais información no 629 585 355 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Tende en conta que so poderán asitir o día 8 de maio os SOCI@S da ACF O FIADEIRO (presentando o seu dni na porta do auditorio), o día que é para todo o mundo é o 4 de xuño.


SÁBADO 02/04/11

MONOGRÁFICO DE PANDEIRO E PANDEIRA (PERFECCIONAMENTO)

Aberto prazo de inscrición

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Duración dun único día, CINCO horas

Día: 02/04/11 (Sábado)

Hora: de 16.00 a 21.00

Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)

Prezo socio: 35,00 euros

Prezo non socio: 38,00 euros

Prazas limitadas

Monitor: Carlos Álvarez

Con traballo de recuperación, investigación e catalogación de músicas, cantares, instrumentos e danzas tradicionais (Galicia) dende o ano 1997 ata a actualidade. Recibiu clase dos mestres: Xita Pena, Cándido Pena, Javier Feijoó (Chisco) entre outros. Participou nos cursos de "Metodoloxía e catalogación de recollida de campo en música tradicional" impartido por Dorothé Schubarth e "Música sen fronteiras Galicia e Norte de Portugal", así coma outros cursos impartidos por mestres como: Ernesto Campos, Eliseo Parra, Mercedes Peón, etc. Impartiu clases a agrupacións como Pandereteiras Lilaila, Pandereteiras de Soutomaior, Pandereteiras Malmequer, Pandereteiras Veña que Vai e pandereteiros de O Fiadeiro. Actualmente dirixe as Pandereteiras As Lagharteiras e Lembranzas da Ría e é membro dos pandereteiros de O Fiadeiro.


SÁBADO E DOMINGO 26 E 27 DE MARZO

O Fiadeiro na Festa da Reconquista 2011

 O Fiadeiro porá un posto na Festa da Reconquista de Vigo 2011.

Lugar: R/ Teófilo LLorente

Poderanse degustar todo tipo de repostería e licores da nosa terra.

Tamén haberá música tradicional a diferentes horas.

Coma tódolos anos precisamos a colaboración de todos vos coas vosas doazóns de postres caseiros. Con acercalos o posto "O Fiadeiro" que estará na R/ Teófilo LLorente 53 será suficiente, sábado ou domingo a calquera hora do día.

Vos esperamos

Gracias


SÁBADO 12/03/11

MONOGRÁFICO DE DANZAS TRADICIONAIS DO MUNDO

Aberto prazo de inscrición

Podes anotarte nos teléfonos: 629 585 355 / 986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Hora: de 18.00 a 20.30

Lugar: Asociación O Fiadeiro (Calvario - Vigo)

Prezo socio: 12,00 euros

Prezo non socio: 15,00 euros

Prazas limitadas

Monitora: Sira Pereira

Formación en danzas gregas, rumanas, israelíes, búlgaras, europeas, etc con profesores de sona internacional (Patrick Jaussoud, Vincent Parodi, Mariyana llieva, Jannis Fousianis, Judith Cohen, etc). Membro dos grupos de danzas do mundo Monteira e Deixa que xa durante varios anos. Impartición de Obradoiros de extensión cultural na Universidade de Vigo e de cursos en diversas asociacións culturais como O Fiadeiro


DOMINGO 06/03/11

II Serán de entroido da cidade de Vigo 

 Hora comezo: 19.00

Lugar: Praza da Constitución (Vigo)

Actuarán diversos grupos:

1. Pelepau (Vigo)

2. Charanga O Fiadeiro (Vigo)

3. Pandereteiras "As Boubas" (A Coruña)

4. Os Terribles de Donas (Gondomar)

5. Tanxedoras (Vigo)

6. Grupo de gaitas "Os Xirifeiros" (Carril)

7. Pandereteir@s O Fiadeiro (Vigo)

Presenta: Carlos Veleiro

Repartiranse filloas, orellas e chocolate a tódolos asistentes.

Organiza: ACF O Fiadeiro

Patrocina: Concellería de cultura e animación sociocultural do Concello de Vigo


VENRES 25/02/11

Actuación da Charanga, pandereteiros e pandereteiras O Fiadeiro

Lugar: Furancho do MatamaFolc (Matamá - Vigo)

Hora: 23.00

Entrada de balde


VENRES 11/02/11

Actuación do grupo de baile O Fiadeiro no programa Luar en colaboración coa orquestra Sondeseu.

Hora: 00.30

Lugar: TVG


SÁBADO 25/12/10

Foliada de nadal

A partir das 21.00 xuntarémonos no Calvario para facer unha pequena foliada urbana coma tódolos anos.

Pode achegarse quen queira e participar bailando, cantando e tocando.

Será na peatonal do Calvario a altura do noso local social.

Animádevos a vir participar e disfrutar con nos.


VENRES 17/12/10

Festival de nadal dos alumnos da ACF O Fiadeiro

Venres a partir das 19.00 na aula magna de Escola Oficial de Idiomas que está na R/ Martínez Garrido (Vigo), os alumnos da escola da ACF O Fiadeiro organiza un pequeno festival de nadal. 
Neste festival os alumnos das diferentes actividades farán unha breve intervención para que sobre todo familiares e amigos disfruten de todo o que levan aprendido nestes 3 meses de curso.

Orde das intervencións:
1- Alumnos de guitarra
2- Alumnos de baile moderno
3- Alumnos de música e movemento
4- Alumnos de canto e pandeireta (nen@s)
5- Alumnos de gaita e percusión tradicional I
6- Alumnos de acordeón
7- Alumnos de gaita e percusión II
8- Alumnos de canto e pandeireta (adultos)

A entrada é ata cubrir aforo.
Gracias e un saúdo

FELICES FESTAS A TOD@S!!


SÁBADO 11/12/10

Ola a todos:

Unha ONG adicada á protección, alfabetización e acollida de mulleres na India chamada IMPLICADAS van facer unha serie de actos promocionais para darse a coñecer e poder montar así unha escola aló e piden colaboración da seguinte maneira:

O Sábado 11 de decembro ás doce da mañá no Calvario, terá lugar unha Flashmob Muiñeira.

Esto sería:
Andar pola rúa cerquiña do mercado coma quen non quere a cousa o maior número posible de persoas que saiban bailar unha muiñeira. Ás doce en punto unha Charanga (a do Fiadeiro neste caso) ponse a tocar unha muiñeira de tres minutiños e os viandantes póñense a bailar por parellas alí donde lles cadre. Cando remate a música, seguimos paseando e cada un para a sua casa. Será gravado e emitido por internet, e estarán os medios advertidos para que fagan as pertinentes valoracións.

Prégase participación de todo o mundo que lle apeteza colaborar con esta causa. Sería bo estar vinte minutiños antes das doce para evitar retrasos.
O Fiadeiro colaborará con esta causa tocando e cantando a peza a interpretar e asistirán os bailadores que poidan.

graciñas de antemán e un saúdo


SÁBADO 06/11/10

Actuación da agrupación O Fiadeiro co motivo da inauguración da nova rotonda en homenaxe o bicentenario da cidade de Vigo.

Hora: 19.00

Lugar: Rotonda da rúa Venezuela e subida o Castro. O lado do Concello de Vigo.


 

SÁBADO 30/10/10

Dende O Fiadeiro imos crear unha nova sección adicada a actividades socioculturais, de interese
medioambiental, artístico, etnográfico, etc. Van dirixidas principalmente aos socios, aínda que
haberá cabida para acompañantes e non socios en caso de contar con prazas dispoñibles.
Para máis información, os interesados poden contactar en:
Tlf.: 697 542 095
Correo-e: <actividades.lecer@ofiadeiro.com>
As actividades comezarán o dia 30 de outubro (sábado) ás 12.00 horas cunha visita guiada á exposición de Ruth Mathilda Anderson na sede viguesa da Fundación CaixaGalicia.
Información sobre a visita:

Titulo da exposición: RUTH MATHILDA ANDERSON. UNHA MIRADA DE ANTANO
Contido: Exposición adicada a Ruth Mathilda Anderson, fotógrafa e etnógrafa nortamericana da “Hispanic Society of America” de Nova Iorque, quen percorreu Galicia entre os anos 1924 e 1926 coa finalidade de documentar a vida cotiá galega.
Durante 3 anos Anderson percorreu innumerables aldeas, vilas e cidades, das cales tomou unhas 4.000 fotografías que constitúen unha valiosísima fonte de coñecemento etnográfico.

Os comisarios da exposición son Miguel Anxo Seixas e Patrick Lenagham, quen levaron a cabo unha profunda labor de investigación dos arquivos da H.S.H para seleccionar as máis de 400 imaxes que forman parte de esta exposición, así como todas as incluidas no catálogo (dispoñible para consulta no local social).
Data: 30 de outubro
Punto de encontro: ás 11.15 en lugar aínda por determinar, onde tomaremos un café, té ou infusión e bolería.
Hora de remate: 13.00 horas.
Prezo da visita e almorzo: 4 euros (7 euros os non socios).
Inscricións: Ata o día 28 de outubro.
no correo electronico: actividades.lecer@ofiadeiro.com
no teléfono: 697 542 095
Forma de pago: En efectivo na secretaría da asociación.
Prazas limitadas.
(É preciso contar con un mínimo de 10 asistentes; de non cubrirse estas prazas, suspenderase a actividade) 


 

DOMINGO 17/10/10

VII Gala "Esta noite hai unha fía", de oficios e labores

Espectáculo de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro


Lugar: Ribadumia

Hora: 19.30


SÁBADO 18/09/10

Actuación das pandereteiras e pandereteiros no Bar Batallón en Vigo.

Rúa Martín Codax Nº17

Hora: 22.00

Coma sempre todos convidados.


SÁBADO E DOMINGO 18 E 19/09/10

 

 


 

Fin de semana de actividades tradicionais en “O Fiadeiro”

 

A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das IX Xornadas de Portas Abertas

 

A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as IX Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor dende fai máis de 10 anos.

 

Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Javier Feijoó (baile), Alberto Miranda (gaita) Carlos Álvarez (pandeireta) e Xela Conde (taller de polifonías), entre outros.

 

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, tamboril, zanfona, acordeón, guitarra, requinta, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o sábado pola mañá de 11.00 a 12.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s.

 

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585  - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas. 

 

Novo Curso

As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa en outubro coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía. 

Para calquera dúbida ou ampliar información poden poñerse en contacto con:

Raquel Barredo – tfno. 986 253 585 / 629 585 355


MÉRCORES 01/09/10

 

Comezo das matriculacións da escola O Fiadeiro.

A partir do 1 de setembro comezaremos coas matriculacións para este próximo curso 2010-2011.

Sempre en horario de oficina de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00. Mércores so pola tarde.

Un total de 24 actividades para todos os gustos e idades

Os horarios e prezos os podes consultar na sección da nosa web "Escola", "Cursos e horarios" e "Matrícula e tarifas".

Tamén chamando ó teléfono 629 585 355/986 253 585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com.

As actividades comezarán en outubro e rematarán en xuño

As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.


SÁBADO 21/08/10

Actuación de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro

Evento: Festa do gaiteiro de Soutelo de Montes

Lugar: Soutelo de Montes (Concello de Forcarei)

Hora: 11.00


SÁBADO 07/08/10

Actuación de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro

Evento: Festa dos mundos
Lugar: praia de Santa Cristina en Oleiros (A Coruña)

Dous pases de media hora, ás 11.30 e ás 15.30.

Máis información pincha aquí


LUNS 02/08/10

Actuación de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro

Duas intervencións de baile e música tradicional co motivo do Pregón das Festas do Cristo.

Dentro do espectáculo "Vigo terra de tesouros", organizado por Xarxa Teatre e patrocinado polo Concello de Vigo.

Lugar: Porta do Sol (Vigo)

Entrada de balde.

 


SÁBADO 24/07/10

 

VII Gala "Esta noite hai unha fía", de oficios e labores

Espectáculo de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro

Lugar: Arteixo (no anfiteatro do paseo fluvial)

Hora: 21.00


SÁBADO 03/07/10

19.00 Acto fin de curso da escola O Fiadeiro 09/10
Intervención de tódolos grupos de escola

22.00 Serán.

Abrirán o acto os/as pandereteiros/-as e a charanga da agrupación O Fiadeiro.


DOMINGO 20/06/10

 

Actuación de baile e música tradicional O Fiadeiro

Lugar: Hotel Samil

Hora: 20.00


SÁBADO 19/06/10

Actuación de pandereteiras e pandereteiros O Fiadeiro

X Foliada de Xacarandaina

Lugar: ANFITEATRO DO PARQUE DE STA. MARGARIDA

Hora: 00.45

Mais información pincha aquí


VENRES 18/06/10

1. Novas na sección de Galería (Vídeos)

Engadiuse o vídeo do 03/04/09 da actuación de O Fiadeiro en Luar.

Bailan Jota das Cortellas

Tamén o podedes ver pinchando aquí

2. Actuación de música tradicional

Hora: 13.00

Lugar: Ceip O Pombal (Vigo)

Camiño do Pombal s/n

Co motivo do 60 aniversario do colexio.


DOMINGO 13/06/10

1. Novas na sección de Galería.

Podedes disfrutar do novo album coas fotos do concurso de pandeireta de Cantigas e Agarimos celebrado no ano 2009.

Lugar: Santiago de Compostela

Participan as pandereteiras de escola Mistura da escola da ACF O Fiadeiro.


2. Actuación de baile e música tradicional O Fiadeiro

Hora: 20.30

Lugar: Gran Hotel Samil (Vigo)


DOMINGO 06/06/10

Actuación de baile e música tradicional O Fiadeiro

Hora: 20.30

Lugar: Gran Hotel Samil (Vigo)


Participación do grupo da escola Fusos e rocas da ACF O Fiadeiro na categoría A.

 

Hora: 16.00
Lugar: Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

Máis información: www.xacarandaina.com


VENRES 04/06/10

Actuación de gaiteiro solista O Fiadeiro

Lugar: Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela)

Hora: 13.30


DOMINGO 30/05/10

Actuación de baile e música tradicional O Fiadeiro

Lugar: Gran Hotel Samil (Vigo)

Hora: 20.30


VENRES 28/05/10

Actuación de cuarteto tradicional O Fiadeiro

Lugar: Ermita de Santa Marta (Baiona)

Hora: 20.30

Evento: Voda


DOMINGO 23/05/10

XXXI Concurso de pandeireta da Asociación Xacarandaina

Hora: 16.00
Lugar: Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Fusos e rocas da ACF O Fiadeiro participará neste concurso na categoría A.


VENRES 21/05/10

Didáctica no colexio Lope de Vega

Lugar: Vigo

Hora: 11.00

Ensinarlle ós mais pequenos un pouco da nosa música tradicional.

VENRES 21/05/10

Actuación de "Urdime", escola de pandeireta de O Fiadeiro.

Lugar: Conservatorio superior de Vigo

Hora: 17.30

Celebración da semana das letras galegas


SÁBADO 15/05/10

Actuación de "Urdime", escola de pandeireta de O Fiadeiro.

Lugar: Centro cultural de San Miguel de Oia (Vigo)

Hora: 20.00

Celebración do día das letras galegas


SÁBADO 08/05/10

Actuación de "Urdime", escola de pandeireta de O Fiadeiro.

Lugar: Centro de día Atalaia (Vigo)

Hora: 12.15

O Centro de Día Atalaia celebra o segundo aniversario da súa apertura, motivo polo que os responsables do centro programaron actividades, entre elas esta actuación.

Máis información: aquí


SÁBADO 01/05/10

Colaboración do grupo de baile coa orquestra folk SonDeSeu

Lugar: Circe Price (Madrid)

Hora: 21.00

Prezo: 8,00 euros

Máis información: www.xacobeo.es ou www.teatrocircoprice.es


SÁBADO 27/03/10 E DOMINGO 28/03/10

Posto de postres O Fiadeiro na Festa da Reconquista

Lugar: Praza da Princesa (Vigo)
Vinde a disfrutar da festa e degustar os nosos postres.
A persoa que queira colaborar con nos doando algún postre para a sua venta so ten que achegalo ó posto o sábado ou o domingo.


VENRES 29/01/10

Actuación da agrupación de baile no programa Luar o 29 de xaneiro do 2010

Hora: 21.30


Xaneiro 2012

DLMMXVS
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31    
«« «       » »»









Localización sede social:
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
Móbil: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com
Aviso legal